Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Proba de resposta breve
Descrición
Aprendizaxe colaborativa.

Realizarase en pequenos grupos que traballarán a partir de distintos documentos sobre aspectos relacionados coa materia. O profesor orientará individualizadamente o traballo dos grupos, dando pautas para iniciar o traballo, revisando o proceso, resolvendo dúbidas e valorando as achegas que vaian xurdindo.

Traballos tutelados.

Para a súa realización os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) despois da primeira corrección e antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.



Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Poderá recibir orientación sobre a preparación da materia no horario habitual de titorías.