Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Proba de resposta breve
Descrición
Aprendizaxe colaborativa.

Realizarase en pequenos grupos que traballarán a partir de distintos documentos sobre aspectos relacionados coa materia. A profesora orientará individualizadamente o traballo dos grupos, dando pautas para iniciar o traballo, revisando o proceso, resolvendo dúbidas e valorando as achegas que vaian xurdindo.

Traballos tutelados.

Para a súa realización os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) despois da primeira corrección e antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.



Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.