Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A51 B8 B9 B10 B11 B22 B24 C2 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactuar dun modo ordenado, formulando cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 10
Portafolios do alumno A48 A51 B9 B10 C2 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 5
Proba mixta A47 A51 B10 B23 B25 C2 C7 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
60
Aprendizaxe colaborativa A46 A50 A52 B5 B7 B11 B22 C1 C2 C3 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar, a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. Se materaliza na elaboración e presentación dunha Unidade Didáctica. 25
 
Observacións avaliación

Modo de avaliación para o alumnado que asiste regularmente.


Para superar a materia na convocatoria ordinaria o alumnado deberá asistir, como mínimo, a un 80% das sesións presenciais. De non ser así, terá que presentarse directamente a convocatoria de xullo.

A avaliación se realizará de acordo cos seguintes criterios e instrumentos:

Criterios de avaliación:- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. -

Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto colaborativos como individuais.

Instrumentos de avaliación:- I.1. Uso da Lingua Inglesa. 1.5 punto.- I.2. Didáctica da LE. 3 puntos.- I.3. Comprensión e expresión escrita. 1.5 punto.- I.4. Traballo individual ou grupal. 2.5 puntos.- I.5. Presentación oral. 1 punto.- I.6. Portafolio (opcional). 0.5 puntos. 

A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación dos items I.4, I.5 realizarase na data programada no cronograma ao comezo do curso e se pode facer individualmente ou en grupo (non máis de cinco estudantes). A avaliación do item I.6 é opcional e é de carácter individual. O portafolio recolle actividades, tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como escritos aos que se deberá engadir un comentario ou reflexión crítica constructiva con respecto a súa aplicación didáctica na aula de Primaria. Os items 1, 2,3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte convocatoria.

A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño.

Modo de avaliación para o alumnado que non asiste regularmente

1. Alumnado con dispensa académica:* Aquel que en aplicación da: "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñeza a condición de estudante a tempo parcial e solicite ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedando eximido da obligatoriedade de asistencia.

2. Alumnado de continuación de estudos (repetidores).

Criterios de avaliación:- Verificación do cumprimiento dos obxectivos marcados.- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos. - Valoración dos traballos realizados durante el curso tanto colaborativos como individuais.

Instrumentos de avaliación: A. Prueba individual - I.1. Uso da Lingua Inglesa. 2. puntos. - I.2. Didáctica da LE. 3 puntos. - I.3. Comprensión e expresión escrita. 1.5 punto. B. Traballo e presentación oral- I.4. Traballo individual. 2.5 puntos.- I.5. Presentación oral. 1 punto. 

A avaliación do apartado A (I.1, I.2 e I.3) realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual. A avaliación do apartado B (I.4 e I.5) realizarase na data acordada co profesor/a e tamén é de carácter individual. Os items 1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba mixta para aprobar a materia. A obtención dun suspenso implica a repetición de todas as pruebas na súa totalidade na seguinte convocatoria.

A oportunidade de xullo estará adscrita aos mesmos criterios que a de xuño.

ImportanteA realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.