Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados:
- dedicarase un tempo para todo o grupo no que se explicará en que consiste o traballo;
- a semana previa á exposición do traballo na aula reunirase cada microgrupo co/a docente. Así se establecerá a validez do deseño e contidos do traballo para a súa exposición, establecéndose as correccións oportunas.

Aprendizaxe colaborativa:
- realizaranse diversos traballos en clase e a través da plataforma da Universidade da Coruña moodle para desenvolvelos en grupos, nalgúns casos é necesario que o/a docente guíe este traballo para o seu axuste para a consecución dos obxectivos da materia.