Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Tanto as sesións maxistrais como a análise de fontes documentais, os traballos tutelados e a atención personalizada serán obxecto dunha atención individualizada coa finalidade de facer un seguimento personalizado de cada alumno e alumna, tanto do seu traballo como das distintas actividades de aprendizaxe programadas. Neste senso convén ter presente o que sobre a avaliación e a asistencia queda reflictido no apartado 7 desta guía. De maneira especial todo o que ten que ver coa realización da proba de ensaio e a avaliación. En calquera caso para unha mellor e máis axustada atención personalizada as alumnas e alumnos que teñan o recoñecemento de asistencia parcial deberán pasar pola titoría obrigadamente nos primeiros días do cuadrimestre para establecer unha dinámica de traballo específica e individualizada.
Para a segunda oportunidade de avaliación( Xullo) mantéñense as cualificacións aprobadas, de maneira que o alumno só deberá repetir aquelas que non foran superadas