Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá a parte máis significativa do roceso aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre, e que será concretado ó final de cada núcleo temático. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 10
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
7
Proba mixta A2 A3 A5 A8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 80
Presentación oral B2 B3
Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social.
3
 
Observacións avaliación
Criterios de avaliación:
- Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
das relacións, argumentación/fundamentación.
-Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
presentación oral/escrita.
Opcións en función do grao de asistencia
OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):
a. Portafolios, deseño e presentación oral dun Proxecto dirixido á educación de menores en desprotección e conflicto social que será exposto na aula (20%).
b. Exame sen material sobre os contidos da materia (80%).
OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):
a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%).

En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.