Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura de artigos de revistas sobre a temática das persoas maiores. Posterior comentario en grupos sobre os mesmos.
Proba obxectiva Exame tipo test.
O exame contará con arredor de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. Cada tres preguntas mal contestadas restarase o valor dunha resposta correcta.
Portafolios do alumno Pequenas prácticas de contidos desenvolvidos na aula que se realizarán nas clases interactivas.
Serán aproximadamente 7 prácticas nas que se farán de forma individual exercicios/casos como os exemplos explicados pola profesora nas clases.
Serán realizadas durante as clases interactivas e entregadas nas mesmas.
Traballos tutelados Ao longo do curso, o alumno realizará unha das prácticas de forma máis extensa. Sempre indicada e supervisada pola profesora.
Esta práctica será realizada en pequeno grupo fóra da aula. Será 1 práctica referida á temática dos Programas de Estimulación Cognitiva. Se expoñerá ao resto dos compañeiros nas clases interactivas.
Sesión maxistral As clases expositivas - ao igual que as interactivas - serán presenciais e estarán dirixidas a dous grupos resultado de dividir ao gran grupo pola metade.
Serán explicacións por parte da profesora dos contidos mais relevantes do material proporcionado ao alumnado de cara a garantir a adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe esenciais.
Durante as clases expositivas poderán conectarse vía Teams EXCLUSIVAMENTE aqueles alumnos que por motivos derivados do Covid non poidan aistir á clase e teñan comunicado esta situación ao responsable Covid da facultade.