Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Aprendizaxe servizo
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado, especialmente nas metodoloxías de aprendizaxe colaborativa e aprendizaxe servizo.

A realización dunha titoría a inicio de curso será, para as persoas non asistentes, de obrigado cumprimiento, en consenso co/a profesor/a.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.