Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente os contidos da materia a nivel conceptual, complementados co uso de medios audiovisuais, e supervisará as distintas metodoloxías coas que terá que traballar o alumnado
Mapa conceptual O alumnado confeccionará un traballo individual no que establecerá relacións entre os conceptos aprendidos nas sesións maxistrais
Análise de fontes documentais O alumnado buscará e utilizará documentos audiovisuais e/ou bibliográfico/webgráficos relevantes para a materia seguindo as indicacións do profesor
Discusión dirixida O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral
Portafolios do alumno O alumnado recollerá nun portafolio as aprendizaxes realizadas durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado.
Traballos tutelados O alumnado traballará autonomamente nas temáticas desenvolvidas na aula baixo a supervisión do profesor
Lecturas O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento
Actividades iniciais O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para ver os coñecementos previos do alumnado