Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Haberá, en diversos soportes, documentos referidos a Boas Prácticas para analizar na aula de maneira colectiva.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado deberá desenvolver un traballo de investigación aplicada sobre unha iniciativa educativa e/ou cultural local. O número de membros do grupo será de tres persoas e non deberán entregala, senón defendela no espazo e prazo que indicará ao seu debido tempo o profesor.
Estudo de casos Trátase experiencias que traerá a colación o profesor.
Discusión dirixida Ao longo do cuadrimestre, abordaremos proxectos ou experiencias para ser discutidas en clase.
Lecturas Haberá a disposición do alumnado un DOSSIER, tanto en soporte dixital como papel. Así mesmo, o alumnado deberá ler, un mínimo de dous textos que o profesor especificará o primeiro día de clase presencial.
Sesión maxistral Consiste en explicacións do profesor así como doutras persoas, nomeadamente profesionais en activo no ámbito da acción educativa e cultural local, do exercicio profesional en cuestión. O profesor especificará no seu momento e con suficiente antelación, o número e compoñentes de ditas sesións.