Metodoloxías Descrición
Proba mixta A avaliación dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas e interactivas farase a través dunha proba que combina diferentes tipos de preguntas para valorar os coñecementos adquiridos polo alumnado.
Análise de fontes documentais As lecturas, documentos audiovisuais, referencias, ect. que se revisarán no desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas como introducción, complemento ou síntese dos contidos traballados de carácter teórico e práctico serán avaliados específicamente na proba mixta.
Estudo de casos Nas sesións interactivas presentaránse mostras reais da linguaxe infantil que serán obxecto de análise a través do traballo colaborativo en pequenos grupos. Deste xeito situaráse ao alumnado ante situacións concretas de avaliación e intervención logopédica.
Traballos tutelados A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas nas sesións interactivas servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
Portafolios do alumno De xeito virtual, os estudantes realizarán ao longo do curso un cartafol no que recollerán todas as tarefas e actividades de aprendizaxe realizadas (esquemas, presentacións, traballos, lecturas, prácticas, etc.) có fin de facilitar a reflexión e autoavaliacion do proceso formativo.