Metodoloxías
Estudo de casos
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Realizaranse titorías grupais e individuais para o seguimento do portafolios e do proxecto de investigación.

Presentarase na aula casos de alumnos ou alumnas con diferentes problemáticas relacionadas coa linguaxe e abordarase a análise dun xeito integral. Os estudantes deben realizar o diagnóstico educativo e logopédico e a proposta de intervención pedagóxica. Nesta tarefa a profesora realizará un seguimento periódico mediante atención persoalizada.

Resulta imprescindible para o alumnado non asistente que manteña unha frecuente comunicación coa docente para a preparación da materia.