Metodoloxías
Seminario
Prácticas clínicas
Descrición
-O/a Titor/a da Facultade realizará os contactos que estime oportunos e necesarios co titor/a do centro (cando menos 1) durante o período do Practicum para o mellor desenvolvemento do mesmo. Recoméndase que un dos contactos teña forma de visita.

Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.

Polo que se refire ás prácticas clínicas, o titor/a do centro de prácticas supervisará e orientará o traballo de observación e recollida de información do alumnado durante a súa permanencia no centro.