Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
Prestarase apoio aos/ás alumnos/as para a selección dos textos e facilitaráselles asesoramento en caso de dúbida para levar a cabo a recensión.
As lecturas serán comentadas cos/oas propios/as alumnos/as.

Prestarase apoio e asesoramento aos/ás alumnos/as para a realización de cada unha das prácticas ou traballos tutelados propostos. Durante a execución dos devanditos traballos, o profesorado levará a cabo un seguimento destes e, unha vez finalizados e corrixidos, tratarase co/oa alumno/a sobre o seu contido para determinar os resultados e valoralos co obxectivo de desempeñar estas tarefas de asesoramento.