Código Competencias do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A2 Ser capaces de aplicar o método de valoración xeriátrica e xerontolóxica integral a fin de poder establecer as bases para implementar o plan de atención individualizado
A3 Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica
A4 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención Xeronto-xeriátrica
A5 Adquirir coñecementos que lle permitan establecer o recurso Xeronto-xeriátrico adecuado de acordo ás características da persoa maior
A8 Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos