Temas Subtemas
1.- Introdución ao Traballo Fin de Mestrado Indicacións sobre a elección de tema e titores e sobre o Regulamento do Traballo Fin de Mestrado (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html).
2.- Entrega da Proposta do Traballo Fin de Mestrado O alumno/a deberá cubrir a "Proposta de Traballo Fin de Mestrado" (Anexo I do Regulamento do Traballo Fin de Mestrado) que pode atopar no seguinte enderezo http://www.mastermais.udc.es/?wpfb_dl=51. Unha vez cuberto, entregaráse por rexistro na secretaría do centro. A data límite de entrega será o día de remate das actividades académicas do primeiro cuatrimestre.
3.- Elaboración do Traballo Fin de Mestrado. Realización do Traballo Fin de Mestrado mediante a supervisión dun titor.
4.- Exposición do Traballo Fin de Mestrado Defensa pública ante tribunal do traballo ou proxecto de investigación titorizado no ámbito da investigación biomédica básica e/ou básico-aplicada, que debe contar co informe previo favorable do titor.