Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Elaboración e discusión en grupo dunha proposta de investigación.
Debate virtual Envío por medios telemáticos das tarefas individuais (identificación de artigos e elaboración dunha pregunta de investigación) e discusión co profesor do curso
Traballos tutelados Tutela dos progresos do traballo de grupo (elaboración da proposta de investigación). Esta tutorización deberase realizar a través de medios telemáticos
Análise de fontes documentais Identificación de artigos científicos e asignación a un ou outro tipo de deseño
Presentación oral Defensa pública e discusión con resto de alumnos da proposta de investigación elaborada.
Seminario Sesión inicial para abordar os aspectos xerais de estrutura e contidos dunha proposta de investigación
Prácticas a través de TIC A través da plataforma Moodle os alumnos deberán realizar as prácticas propostas e entregalas a través da plataforma nos prazos indicados