Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC As prácticas serán no Laboratorio e individuais. Estarán baseadas na explicación diaria e nas instrucións e material dispoñible na plataforma de teleformación da UDC. O alumno deberá entregar as prácticas de acordo ao calendario exposto no cronograma do curso. A entrega fóra de prazo das prácticas terá unha importante penalización.
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán expostos en 6 clases maxistrais ao longo do curso.
Traballos tutelados O alumno realizará traballos tutelados, principalmente en horas presenciais de clase. O material, temas e instrucións estarán dispoñibles a través de Moodle. A entrega dos traballos tamén se realizará a través deste medio nos prazos indicados.
Realizaranse en grupos de 3 ou 4 persoas
Foro virtual Valorarase a participación activa no foro e temas virtuais da materia en Moodle que serán coordinados e dinamizados polo profesor
Presentación oral En grupos, o alumno deberá ir preparando a exposición dos traballos tutelados baseados nun caso práctico no que se intervén utilizando o TIC. Esta traballou será exposto nas últimas semanas do curso
Proba obxectiva Poderase realizar un exame escrito sobre os contidos da materia