Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos estudos de casos. 5
Sesión maxistral A10 B3 Valorarase a participación e o interese da/o estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. A asistencia será obrigatoria. 5
Estudo de casos A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas 30
Saídas de campo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañada polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma (acompañado do outro compoñente da súa parella de traballo), tendo en conta a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía.
CARÁCTER OBRIGATORIO.
35
Simulación A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. 25
 
Observacións avaliación

A
materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a
observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre a/s
contorna/s, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos
traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada.
Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a
realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario
de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos
teóricos, realizarase  a práctica planificada, e titorizarase a práctica
autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo
como o presencial. Os aspectos e criterios que se terán en
consideración ao avaliar as actividades planificadas son a adquisición de
coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses
coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e
crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación
continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos
traballos finais obrigatorios para a superación da materia.

Para
aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías
propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada unha das metodoloxías
que conforman o proceso de avaliación da materia.

A
asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio
esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL,
PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%

Segundo
a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao
na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),
cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo
parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter
flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4
(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese
efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da
UDC concretan o alcance da citada dispensa.

Por tanto, a concesión á solicitude de dita
flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión
académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación
das materias.

O sistema de cualificacións expresarase mediante
cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto
1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o
sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións
universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional
Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP)
aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non
concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o
curso académico. En ausencia de regulación
específica para cada
titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso
de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando
non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP
non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante
ten por materia.