Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B2 B5 B8 B13 B28 C1 Exposición dun tema por parte do alumno dentro do temario da materia, supervisado polo profesorado.
O alumno preparará unha presentación dun tema, que o realizará en grupo con outros 2 ou 3 alumnos. logo presentarao en exposición oral de forma individual e o profesor dirixirá as preguntas e a discusión en público con todos os seus compañeiros de clase.

10
Sesión maxistral A1 A3 B8 B10 B12 B28 Avalíase a atención do alumno, a súa intervención en clase e fundamentalmente a súa asistencia 10
Proba obxectiva B2 B8 B12 B13 B28 Será un exame único con todas as partes da materia. O exame será tipo test de resposta múltiple e con só unha resposta correcta. Cada profesor achegará o número de preguntas correspondentes á parte que lle corresponda e o número de preguntas será proporcional á cantidade de materia impartida. 60
Estudo de casos B2 B4 B8 B13 C1 Avaliación continuada a través de exposición de temas e actividades a desenvolver nos grupos de docencia interactiva. 20
 
Observacións avaliación
Na parte correspondente á patoloxía cirúrxica (Dr. Sánchez Merino), a proba basearase no 70% dos contidos impartidos nas clases en calquera das súas modalidades e o 30% restante requirirá o estudo persoal do alumno da bibliografía recomendada no asunto.