Temas Subtemas
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital
(Tema transversal do nivel intermedio do Título).
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar.
1.2 Análise das principais ocupacións no adulto.
1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios.
1.4 Análise dos medios de comunicación e valores.

Tema 2.- Calidade de vida
(Tema transversal do nivel intermedio do Título)

2.1 Aproximación á calidade de vida desde Terapia Ocupacional.

Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Adulto I 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico.
3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais.
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para o Adulto I
4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos.
4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica.
4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional.
4.4 Relación co equipo interdisciplinar.
4.5 Perfil das persoas usuarias.
Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional no Adulto I: Autonomía persoal e Participación Social
(Tema transversal do nivel intermedio do título)

5.1 Derivación.

5.2 Screening e valoración inicial.

5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia Ocupacional na Promoción da Autonomía persoal no Adulto e a súa aplicación:
- Marcos de referencia.
- Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso (AOTA).
- Articulación co conxunto de técnicas pertinente.
- Práctica centrada na persoa.
- Práctica baseada na evidencia.
- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (OMS).

5.4 Avaliación ocupacional:
- Perfil ocupacional e análise do desempeño.
- Persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s.
- Áreas de desempeño ocupacional.
- Avaliación das contornas significativas: fogar, centro laboral, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios.
- Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e da saúde e benestar das persoas/grupos/comunidades.
- Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas.

5.5 Planificación de metas e obxectivos coa persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s; coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.

5.6 Intervención dende Terapia Ocupacional.
- Consenso co usuario/a, familia, profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da persoa, así como as situacións de saúde de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional (dano cerebral, lesión medular, enfermidades dexenerativas, artroplastias, afeccións osteoarticulares, cardíacas, oncolóxicas e outras de carácter orgánico).
- Consideración das situacións de vulnerabilidade social que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais das persoas/grupos/comunidades.
- Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa, en colaboración co/a usuaria/o, familia e profesionais. Técnicas para a adaptación funcional das actividades da vida cotiá: economía articular, hixiene postural, simplificación do traballo e a conservación da enerxía.

5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras da participación en ocupacións no adulto: Produtos de apoio, adaptacións funcionais do contorno, actitudes/crenzas, alianzas, etc.

5.8 Asesoría de terapia ocupacional cos adultos: persoa/s, grupo/s, comunidade/s e demais profesionais, familias, amigas/os e outros.

5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación.
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Adulto I 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, planificación, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros).
6.2 Actualización permanente do/a profesional.