Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía Humana /653G01106
Fisioloxía Humana/653G01107
Saúde Pública/653G01308

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Afeccións Médico Quirúrxicas no adulto/653G01301
Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos/653G01408

Materias que continúan o temario
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Estancias Prácticas VIII/653G01407
Documentación, metodoloxía cuantitativa e cualitativa/653G01C03

Observacións
TRABALLO MATERIA:

Manexo de programas informáticos. Recomendable o manexo de bases de datos e o coñecemento da lingua inglesa.


Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado. GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do III Plan de Sustentabilidade Medio- Ambiental Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia: 

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

b.- De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.