Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 C1 Ao longo do cuatrimestre haberá comprobacións periódicas de coñecemento de cada tema. O alumno que non logre o 50% da nota correspondente a esta metodoloxía (2 puntos) terá que facer unha proba final en segunda oportunidade en xullo, que abarcará toda a materia.
40
Obradoiro A18 B1 B2 B3 B8 B9 B14 C1 Valoración de lecturas críticas, comentarios, discusións guiadas, exposicións, traballo e participación activa e positiva, que os alumnos deben facer no tempo establecido (individualmente ou en grupo) e subirse a moodle no espazo previsto, seguindo as instrucións da profesora. Cada un dos exercicios terá unha valoración segundo os criterios establecidos pola profesora, que será comunicada aos alumnos. Se o alumno non chega ao 50% da nota correspondente a esta metodoloxía (2,5 puntos), terá que realizar na segunda oportunidade en xullo, aquelas prácticas que a profesora indique. 50
Sesión maxistral A5 A11 A27 A31 A32 A33 A34 A35 B3 B5 B6 B13 C4 C1 Avaliación obxectiva da participación activa e positiva do alumnado nas sesións lectivas a través de diferentes ferramentas propostas pola profesora.
Será necesario obter o 50% (0,5 puntos) da nota correspondente nesta metodoloxía para engadir ao resto.

10
 
Observacións avaliación
  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE:



     



    ·     
    Será imprescindible obter o 50% da cualificación
    correspondente a cada un dos apartados para avaliar para que se somen as
    diferentes metodoloxías a fin de obter a nota final. De non conseguir o mínimo
    esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non superará a materia.



    ·      O alumno terá que alcanzar polo menos a puntuación
    dun 4 sobre 10 en cada unha das probas obxectivas para que faga media co resto
    das probas. A nota final da proba obxectiva realizarase sumando a nota de cada
    unha das probas obxectivas e dividíndoa entre 5 (o número de temas da materia). Se o alumno non superase a puntuación de 4 nalgunha das probas obxectivas, terá que facer unha proba obxectiva final que abarcará contidos dos 5 temas.



     



    SEGUNDA OPORTUNIDADE:



     



    Se o alumno supera na primeira oportunidade algunha das
    metodoloxías, manteráselle a nota desa/ s metodoloxía/ s e só terá que realizar
    a/ s que non superase na segunda oportunidade.



     



    CASOS ESPECÍFICOS:



     



    ·     
    Os alumnos que non poidan facer un normal
    seguimento da materia, por ter recoñecida dispensa de docencia, deberán
    poñerse en contacto coa profesora nos primeiros 15 días desde o comezo oficial
    das clases para adaptar os períodos de entrega das distintas probas, enviando
    un mail a maria.romani@udc.es. Aqueles alumnos que non se poñan en contacto no
    prazo establecido, realizarán o seguimento da materia como o resto do alumnado.



    ·     
    As adaptacións curriculares para estudantes con
    discapacidade ou con necesidades educativas específicas serán pautadas pola
    Comisión de Docencia do centro, previo informe do PAT.