Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Economía/660G01002
Economía e Empresa/660G01007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Economía Española/660G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

O contido da Economía do Traballo require un coñecemento previo da análise micro e macroeconómica, especialmente do comportamento do consumidor (teoría das curvas de indiferenza) e do produtor (teoría da produción). Tamén é conveniente ter unha visión global dos diferentes sectores da economía española.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo dunha “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social”, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia se solicitarán en formato virtual e/o soporte informático (a entrega farase a través de moodle  ou email, en formato dixital sin necesidad de imprimilos). En caso de ser necesario realizalos en papel:  non se empregarán plásticos, as impresións serán dobre cara, utilizarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores e debderase ter enb conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais.

Incuirase a perspectiva de xénero na materia, na linguaxe, nas intervencións, na identificación, modificación e corección de prexuizos sexistas e/ou discriminación de xénero.

Facilitarase a plena integración do alumnado/profesorado con diversidade funcional.