Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As clases prácticas se formulan como talleres de debate entre todos os estudantes tratando sobre os temas das clases expositivas cun funcionamento simple:

O día da exposición teórica se colgarán en moodle diversos materiais curtos, que serán obxecto de debate nas clases prácticas da semana seguinte.
Os estudantes teñen que ler todos os textos e 6 persoas elixidas aleatoriamente farán unha exposicón de cinco minutos o que seguirá un debate entre toda a clase.

Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na
exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios
de forma dinámica.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo
distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non
correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente,
que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento,
aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral As sesión maxistrais serán impartidas polos profesores responsables da asignatura e persoas relevantes de cada unha das materias convidadas para elo.

As sesións maxistrais consistirán exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é
tamén coñecida como ?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección
maxistral?. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección
impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido
que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da
palabra como vía de transmisión da información á audiencia

En su caso se realizarán por videoconferencia.
Traballos tutelados O alumnado ten que elaborar en expoñer en clase dous traballos sobre diferentes temas da materia preelixidos. O traballo se realizará en grupo de cinco persoas ós que se lle asignará un tema a cada un de xeito aleatorio.