Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A7 B1 B4 C6 Realizarase unha revisión da documentación referida á alimentación enteral e/ou á alimentación parenteral. 4
Estudo de casos A7 A8 A9 B1 B4 C1 C6 C9 C10 Cada alumno 3 estudos de casos. A metodoloxía consistirá na presentación en grupo dos Temas relacionados cos artigos científicos a revisar.
Un artigo versará sobre a repercusión da materia de nutrición sobre a seguridade asistencial do paciente.
Outro dos artigos versará sobre as vías metabólicas e a súa aplicación práctica no ámbito da alimentación. Poderá corresponder a un caso clínico publicado ou a un estudo realizado sobre unha mostra ou sobre unha poboación.
O terceiro artigo tratará sobre a alimentación e dieta no paciente diabético.

Valorarase a capacidade de traballar en grupo e o compromiso individual de cada alumno co grupo, cara a obter os mellores resultados de todo o grupo na exposición.
Cada alumno participará en 3 estudos de casos.
Os grupos de traballo serán establecidos polo docente.
Cada estudo puntuarase cun máximo de 3 puntos. Destes 3 puntos, 1 corresponderá á nota do grupo, 2 serán de valoración individual ao alumno/a.
9
Presentación oral B15 C7 Valorarase a participación individual e do grupo, durante os seminarios e nas sesións maxistrais, e a puntuación máxima que se podrá acadar será de 1 punto 1
Traballos tutelados B13 C9 C10 Faranse dous traballos tutelados: un en grupo e outro individual.

O traballo tutelado en grupo consistirá na valoración das medidas antropométricas dos alumnos do grupo, e a elaboración de Consellos ou Plan de Acción. A avaliación farase tendo en conta que un 40% (6 puntos) corresponde á puntuación do grupo e un 60% (9 puntos) da puntuación corresponde coa exposición individual e traballo persoal de cada alumno. A máxima puntuación dos traballos tutelados será de 15 puntos: 5 puntos ao traballo en grupo e 1 punto ao traballo individual.

A avaliación do traballo tutelado en grupo, farase tendo en conta os seguintes apartados: Introdución, obxectivos, método, resultados e discusión, conclusións. Farase unha descrición e sintese da información dos contidos ou temas relativos aos artigos localizados

O traballo tutelado individual consistirá na elaboración dunha dieta semanal individualizada para a situación clínica que describa o docente para cada alumno, cos menús acomodados aos alimentos da nosa terra.

Para a súa elaboración deberá ter en conta as necesidades enerxéticas, e as características clínicas do caso que se lle adxudique. Deberá ser presentado nunha exposición antes de rematar as clases maxistrais. A máxima puntuación do traballo individualserá de 10 puntos.

Deberá ser presentado antes de finalizar os seminarios.
15
Proba mixta B2 As respostas falladas no exame test, restarán puntuación, de tal xeito que de cada catro fallos, restarase unha resposta acertada.

Facilitarase a realización dunha proba parcial de avaliación coa metade da materia. Será voluntaria e constará de 60 preguntas tipo test. Os alumnos que acaden un 65%, poderán eliminar a materia e nonrequerirán examinarse no examen final de xuño. No caso de non acadar o 65% terán que presentarse á totalidade da materia no mes de xuño.

A puntuación obtida no exame parcial contará un 30% para a valoración conxunta da nota de exame global da materia.

Os alumnos que eliminen materia no primeiro exame, por conseguir unha puntuación de 65% ou máis no exame, terán que acadar polo menos un 60% de puntos no exame do segundo parcial en xuño (36 de 60 preguntas) para superar a materia. Este segundo parcial puntuará cun 70% sobre a nota final de exame.

As proporcións das puntuacións serán exactamente iguais no exame final de xuño (primeiro e segundo parcial) para todos os alumnos, de xeito que as preguntas correspondentes ao primeiro parcial puntuarán un 30% e as do segundo parcial un 70% sobre a nota final do exame.

Os alumnos que no exame de xuño non superen o 60%, terán que presentarse en segunda oportunidade (xullo) á totalidade da materia. Non se gardará a nota do primeiro exame no caso de non superar o exame de xuño.

O 65% da puntuación da materia corresponderá ao exame, e o 35% ao traballo tutelado, presentación oral e estudos de casos.

Os alumnos que non presenten o traballo tutelado (dieta semanal individual para un paciente-caso establecido por docentes) e os estudos de casos, terán que obter unha puntuación do 70% no exame final de xuño e no exame de segunda oportunidade (xullo) para "aprobar" a materia de Nutrición.

Os alumnos que non realicen o traballo tutelado e/ou os estudos de casos durante o curso, non poderán presentalos para a súa valoración na segunda oportunidade (xullo) nin na convocatoria de adianto de oportunidade (decembro).

En todo caso, para calquera convocatoria, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o adianto de oportunidade, os alumnos non poderán conseguir unha puntuación maior do 80% na asignatura si non presentan a totalidade dos traballos e dos estudos de casos correspondentes ao ano en curso.

O exame para calquera convocatoria será de preguntas preguntas test, contando negativo as respostas non acertadas, de forma que de cada catro mal, deducirase unha acertada.

Nas convocatorias extraordinarias deberá superar o exame (120 preguntas test) cunha cualificación mínima do 60%.

O alumno poderá presentarse ao "adianto de oportunidade" (decembro), e o exame será de tipo test. O test resta negativo, de xeito que de cada catro preguntas falladas, restarase unha acertada. Terá que superar o exame (120 preguntas test) cun 60%. Para acadar máis do 80% na puntuación, terá que presentar o traballo tutelado e Estudos de casos do ano en curso que lle sinale o profesor.
65
Aprendizaxe colaborativa A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 Realizarase unha aprendizaxe colaborativa sobre a que o alumno mostrará 2 temas prácticos:
Un tema versará sobre os alimentos con graxas saturadas e non saturadas, identificando 3 alimentos con omega 3 e 3 alimentos con omega 6 e presentando a súa interpretación sobre as etiquetas nutricionais dos mesmos.
Outro tema versará sobre as etiquetas nutricionais de 3 alimentos "light" coas suas correspondentes versións "non light" e avaliará as diferenzas.
A cada unha das actividades poderalles corresponder unha puntuación de ata 3 puntos.
6
 
Observacións avaliación

Valorarase a participación e asistencia a clase, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo.