Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B2 B3 C1 Realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial do exame da materia ó rematar o curso. A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos. A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.

65
Prácticas de laboratorio A40 A41 A42 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B13 B14 B15 A asistencia as prácticas será obrigatoria no día e hora que corresponda. Levarase a cabo unha avaliación continua para valorar a participación activa, a aplicación de coñecementos teóricos, a demostración de habilidades na realización dos procedementos, o razoamento crítico e o interés pola aprendizaxe. 10
Traballos tutelados A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 B1 B2 B3 B9 B13 B14 B15 C1 C7 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. A avaliación dos traballos inclúe a valoración de competencias específicas e transversais, e farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
- O estudante exprésase e redacta con claridade, empregando léxico específico
- Manexa as fontes de información sanitaria
- Aplica os coñecementos teóricos
- Segue unha orde lóxica no discurso
- Relaciona conceptos/temas
- Ausencia de faltas de ortografía e de sintaxe
- Cita correctamente a bibliografía
- É creativo/innovador na elaboración do traballo escrito, mantendo as normas establecidas

Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar esta metodoloxía será de 5 puntos.
25
 
Observacións avaliación
  • Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos na proba mixta para a aplicación da porcentaxe na nota final.
  • Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación de cada unha das partes: Maternal e Infantil.
  • Poderase realizar una avaliación parcial mediante unha proba escrita das
    mesmas características á descrita na avaliación. De selo caso, acordarase a data segundo o desenvolvemento do programa.
  • Valorarase a presencialidade/asistencia e a participación activa (sesión maxistral, traballos de grupo, prácticas de laboratorio).

Avaliación 2º oportunidade

  • Proba mixta: ésta computará un 85%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados.
  • Traballos tutelados: computarán o 15% e deberán ser entregados o día da realización da proba mixta.

Adianto de oportunidade

  • Proba mixta: ésta computará un 100%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados.

Estudantes con matrícula parcial

  • Proba mixta: ésta computará un 85%, incluíndo preguntas relativas ó desenvolvemento dos traballos tutelados.
  • Traballos tutelados: computarán o 15% e deberán ser entregados o día acordado entre o profesor e oestudante ó longo do curso académico.