Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B3 B8 B11 C1



-A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas có saber das competencias das seis partes da asignatura.
-A nota final da proba mixta será a resultante de facer a media ponderada das seis partes da asignatura.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.

20
Prácticas de laboratorio B7 B9 B10 B14 B15 B16 B20 -A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria o día e hora que corresponda
-Avaliarase o progreso, as actitudes (puntualidade, iniciativa, disposición, interese e motivación) e as aptitudes (coñecementos, habilidade e destreza práctica demostrada) do alumnado, en cada unha das sesións prácticas de laboratorio o longo do curso.
-A falta de asistencia non xustificada a unha sesion práctica supon un descenso de 1 punto na nota final da asignatura.
-A falta de asistencia non xustificada a mais do 10% das practicas de laboratorio supón a no superación da asignatura nesta convocatoria.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
30
Simulación A37 A61 B5 B6 B9 B10 B13 B14 C10 C12

-A asistencia ás actividades de simulación é obrigatoria o día e hora que corresponda.
-En cada sesión de avaliación valorarase a capacidade de comunicación e o desenvolvemento das diferentes intervencións, técnicas e procedementos de enfermaría.
-Cada sesión puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
-A nota final da simulación será a resultante de facer a media ponderada das simulacións realizadas das seis partes da asignatura
-Para a realización da media neste apartado é necesario superar 5 das 6 simulacións
realizadas.
-Para a súa superación é necesario obter unha nota de 5 sobre 10.
50
 
Observacións avaliación

-Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías o estudiantado debe aprobar, con nota de 5 sobre 10, cada unha das metodoloxías de avaliación  da asignatura (prácticas de laboratorio, simulación e proba mixta).

-As partes superadas na 1ª oportunidade conservaranse até a segunda oportunidade.

-Non poderán acceder á 2º oportunidade o alumnado que non supere a metodoloxía de prácticas de laboratorio por flta de asistencia non xustificadas. A falta de asistencia a mási do 10% das prácticas de laboratorio supón a non superación da materia nesta convocatoria

-2º oportunidade: Simulación 80%  e proba mixta 20%. Utilizaranse as mesmas características e criterios que na 1º oportunidade. As probas realizaranse o mesmo día coincidindo coa data oficial de avaliación para a 2º oportunidade.

-Estudantado con matricula parcial: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia os criterios de avaliación son os mesmos que para os estudantes a tempo completo.

-Adianto de oportunidade: dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.