Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade de carácter obrigatorio. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, a realización do traballo (solución de problemas), así coma a forma de avaliación.
Prácticas clínicas Desenvólvense no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. Teñen como finalidade capacitar ós estudantes para identificar os problemas de saúde dos nenos enfermos e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados prestados ó neno e á súa familia. Os rotatorios clínicos realizaranse nunha unidade pediátrica do Hospital Teresa Herrera (Materno-infantil) e en quendas rotatorias de mañá e tarde.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. A asistencia será obrigatoria. O estudante poderá elixir entre describir e analizar un protocolo, técnica ou procedemento específico da unidade; ou describir e analizar unha situación clínica concreta para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.