Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso o alumno deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo.

O traballo está suxeito a exposición oral.

Proba obxectiva Exame mixto de dúas partes: test e preguntas de desenvolvemento.

Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expoñeranse as teorías e fundamentos claves para a adquisición de coñecementos nesta materia.


Estudo de casos Visionado de películas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.


Lecturas Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.