Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Ao longo do curso o alumno deberá realizar un traballo en grupo sobre un tipo de turismo (a elixir) onde se analizará dende a perspectiva sociolóxica: concepto, breve evolución histórica, variables a analizar dende diferentes paradigmas de estudo e implicacións do estudo. O traballo está suxeito a exposición oral. Visionado de películas que tratan o turismo dende unha perspectiva sociolóxica. Despois da súa análise haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre esta. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios. Análise sobre lecturas que tratan algúns exemplos de casos turísticos dende a vertente sociolóxica. Haberá que contestar a unhas cuestións concretas sobre as lecturas. Esta parte será formulada e resolta nos seminarios.
Todos estes traballos supoñen unha atención personalizada de control e seguimento.