Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Analizaranse distintos casos que teñan unha vinculación directa coa materia e que estean de actualidade. Os soportes utilizados serán preferentemente prensa e revistas expecializadas.
Sesión maxistral Exposición teórica da materia, cunha participación activa do alumno. Durante a clase resolveranse as dúbidas que teña o alumno durante a exposición.
Traballos tutelados Realizaranse traballos por grupos con algún dos temas expostos, prestando especial atención á actualidade económica.
Proba mixta Exame final da materia orientado á avaliación do alumno. A proba consiste nun exame cunha parte teórica, práctica e tipo test.
Seminario Realizaranse reunións por grupos, onde se expoñerán distintos puntos da materia.