Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor expoñerá os conceptos teórico-prácticos contidos no programa da materia
Proba obxectiva Corresponde ao exame final da materia
Traballos tutelados Con esta metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, preténdese que os estudantes asuman responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. En torno aos diferentes temas explicados nas sesións maxistrais propoñerase a realización dun traballo individual.
Aprendizaxe colaborativa O alumno, en grupo ou individualmente, ha de resolver casos prácticos en clase coa axuda do profesor para posteriormente discutir os resultados