Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O desenvolvemento das horas teóricas terá forma de lección maxistral.
Solución de problemas A asistencia aos grupos interactivos é obrigatoria.
En cada clase resolveranse exercicios numéricos. O alumno poderá acceder a eles con antelación a esta, co obxectivo de que os traia resoltos, para así poder discutir os posibles erros.
Os boletíns de problemas entregaranse aos estudantes e deben ser presentados para avaliación nas datas indicadas polos profesores durante o semestre
Traballos tutelados Os alumnos ao longo do cuadrimestre realizarán un traballo en grupo.
A non realización do traballo supón a non superación da materia.
Proba mixta Realizarase na convocatoria oficial da materia (nas dúas oportunidades de exame). Constará de 20 preguntas tipo test, referidas a todos os contidos teóricos desenvolvidos ao longo do cuadrimestre (restarán as respostas erróneas)