Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno desenvolverá diferentes traballos ou prácticas específicas, referentes ás distintas explicacións dadas, seguindo as diferentes pautas marcadas e controladas polo profesor.
Análise de fontes documentais Utilización da bibliografía correspondente, básica e complementaria, facilitada.
Actividades iniciais Realización de debuxos a man alzada nos que se plasmen o labor de documentación realizada sobre detalles arquitectónicos da bibliografía correspondente.
Portafolios do alumno No cartafol ou archivador do estudante iranse clasificando os seus traballos prácticos por datas. Durante as clases teranse sesións persoais, con cada un para realizacións de autoevaluación e comentarios do profesor sobre o progreso das prácticas.
Saídas de campo Dentro das posibilidades, tentarase algunha visita guiada a unha empresa ou fábrica de recoñecido prestixio, onde o alumno poderá observar de forma directa, cales son os procesos de fabricación dun material ou dun sistema construtivo concreto, así como do seu posterior posta en obra.
Sesión maxistral Semanalmente, antes ou a vez que se expoñen os exercicios prácticos que terán que desenvolver os alumnos, realizarase unha presentación oral na lousa e apoiada con medios audiovisuais dos contidos da práctica ou exercicios a realizar.