Metodoloxías Descrición
Lecturas Textos propostos polo profesorado que complementan os contidos da sesión maxistral
Traballos tutelados Traballo individual de aprendizaxe independente do alumnado orientado á aplicación dos conceptos e as técnicas da materia, contando sempre coa atención personalizada e o seguimento do profesorado. Elaborarase seguindo as pautas formais e de contido indicadas
Proba de resposta múltiple Cuestionario dos contidos teóricos e prácticos para a avaliación dos coñecementos adquiridos
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos fundamentais da materia e facilitar a aprendizaxe. Fundamentarase na exposición de contidos teóricos, a visualización de exemplos e a resolución de dúbidas por parte do profesorado