Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A8 A9 A15 B3 C1 C2 C6 Valorarase a resolución do test respecto do coñecemento dos contidos expostos na sesión maxistral e o coñecemento dos contidos do material proporcionado. 50
Traballos tutelados A7 A10 A15 B4 B6 C1 C5 C7 C8 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa.

-Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. 

-Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo tutelado, e os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).