Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A3 B5 B8 B9 C3 C8 C9 C10 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 40
Presentación oral B10 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva 10
Proba obxectiva A1 B12 C3 C6 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Esta proba consistirá na identificación de afirmacións verdadeiras ou falsas que deberán ser axeitadamente xustificadas en base á teoría exposta nas aulas.

Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba obxectiva, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fóra de prazo ou copiados os traballos serán considerados coma non presentados e serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 


Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar os traballos do portafolios como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva pola facultade. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o portafolios. 

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nos primeiros días de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 50%.