Metodoloxías
Proba obxectiva
Discusión dirixida
Recensión bilbiográfica
Descrición
Polo que corcirne á discusión dirixida, o tema será elixido polo profesor que tamén fixará a metodoloxía adecuada para que o alumno analice e comente o contido dos textos e/ou material audiovisual base do debate moderado polo docente

En canto á proba obxectiva, o profesor aclarará a modalidade do exame e os criterios de puntuación. Ademais resolverá individualmente as dúbidas do alumnado sobre o que se pregunta na devandita proba

No caso da recensión bibliográfica, o profesor marcará as pautas metodolóxicas e fará un seguimento do traballo do alumno


As dúbidas que xurdan durante as sesións maxistrais resolveranse na aula. As consultas relativas a lecturas e outras cuestións atenderanse en horario de titorías e tamén por correo electrónico