Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Discusión dirixida
Descrición
En relación á proba obxectiva, a profesora deberá resolver as dúbidas que poda suscitar a formulación das perguntas. Tamén deberá aclarar a modalidade de exame a realizar e os criterios de valorización.

Nos traballos tutelados, a profesora informará sobre a metodoloxía a empregar, dará unha orientación bibliográfica xeral que será completada polo aluno a través dun traballo de prospección, e fará un seguimento do traballo.

No caso da discusión dirixida a profesora axudará a seleccionar o tema a ser debatido; os alunos deberán preparalo a partir dos materiais previamente distribuídos e caberá á profesora dar as pautas metodolóxicas precisas para encamiñar a discusión.