Metodoloxías Descrición
Lecturas Presentación de informes sobre lecturas recomendadas.
Discusión dirixida Grupos de discusión a partires de choiva de ideas sobre problemas socio-territoriais galegos estudados con antelación (panel, debate).
Mapa conceptual Mapas conceptuais aplicados ao territorio identificados por tres características básicas: xerarquía, síntese e impacto visual. Conceptos dispostos por orde de importancia e repercusión no espacio.
Aprendizaxe colaborativa Traballo grupal para converter a aprendizaxe sobre a realidade socio-territorial galega nunha experiencia compartida.
Estudo de casos Estudo de casos sobre xeopolítica, demografía, economía e ordenación do territorio galego para: incentivar os razoamentos indutivos e dedutivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías esapaciais, propor solucións...
Prácticas a través de TIC Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais.
Análise de fontes documentais Análise persoalizada das principais fontes para o estudo da Xeografía Humana de Galicia (cartografía, estatísticas, arquivos, padróns, prensa, plans urbanísticos...).