Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico, que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento mediante a utilización das TIC, facilitando así a aprendizaxe e o desenvolvimento das súas habilidades.
Lecturas Lectura, estudo e comentario crítico de fontes de información diversas e de artigos de investigación ou outros tipos de documentos relacionados cos contidos da materia.
Portafolios do alumno Carpeta de traballo dos/as alumnos/as que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado pola profesora coas distintas actividades plantexadas: resumos e analises de lecturas, esquemas e contido teórico-práctico, exercicios prácticos ou probas escritas para o seguemento dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado, de traballos autónomos, relacionados coa materia, baixo a vixilancia e seguimento da profesora.
Proba obxectiva Método de avaliación escrita dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas.