Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais.
Portafolios do alumno Carpeta que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensións críticas, traballos nos que demostran a capacidade de aplicación dos coñecementos aquiridos nas sesións maxistrais, conclusións de procuras de información utilizando as TIC por parte do grupo, correccións...
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado, de traballos autónomos, relacionados coa materia, baixo a vixilancia e seguimento da profesora.
Presentación oral O longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Proba obxectiva Método de avaliación escrita dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas.