Metodoloxías Descrición
Obradoiro Metodoloxía variada (estudos de caso, análise de produtos de información, elaboración de contidos) deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados
Traballos tutelados Realización en grupo dun traballo proposto pola profesora
Sesión maxistral Exposición nas aulas dos contidos teóricos da materia. Resolución de problemas do alumnado
Resumo Exposición comentada e escrita dos contidos das lecturas de artigos e capítulos de libros propostos en cada módulo
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta
esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico.