Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Tanto a parte teórica como a práctica serán explicadas en clase.
Lecturas Efectuaranse diversas lecturas para que os alumnos fagan un resumo, comentario e análise crítico do asunto exposto.
Portafolios do alumno Cartafol de traballo dos alumnos que deben entregar periodicamente e no prazo estipulado ao profesor coas distintas actividades expostas nas aulas: exercicios prácticos para o seguimento dos coñecementos adquiridos.
Proba mixta Proba que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación sobre os contidos teóricos e prácticos da materia para a avaliación dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Presentarase un traballo no que se describirá e transcribirá un documento seguindo as normas internacionais aprendidas en clase.
O documento co que traballe o alumno/a seleccionarase de acordo co profesor. A data límite de entrega é 20 días antes do exame final.