Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Realizaranse supostos prácticos, con datos reais, que serán analizados, en ordenador, por medio dun paquete estadístico. Grazas a esta metoloxía o estudante aplicará e pondrá en práctica os coñecimentos adquiridos, facilitando a aprendizaxe y o desenvolvement de habilidades por parte del alumnado.
Proba de resposta múltiple Esta proba permitirá avaliar o grao de adquisición de coñecementos do alumno a mediados do cuatrimestre. Serve como orientación no proceso de aprendizaxe.
Seminario Traballarase en grupos sesións de problemas que permitirán poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ós estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Exporanse os principais conceptos estatísticos, facilitando a documentación adicional e indicando as fontes bibliográficas onde o estudante poderá completar a adquisición dos mencionados coñecementos.
Proba obxectiva Exame final dos contenidos teóricos e prácticos do bloque consistente en preguntas curtas e/ou resolución de problemas.