Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A4 A5 A13 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B10 C7 C8 Asistencia a Seminarios, Obradoiros, Encontros, Conferencias especializadas. 10%
10
Proba obxectiva A2 A4 A7 B1 B2 B3 B7 C3 C8 Consistirá nun exame final no que se desenvolverá un tema ou capítulo do programa e/ou preguntas curtas, tipo test ou comentario de imaxes. Ata un 40%. 40
Traballos tutelados A2 A4 A5 A7 A8 A18 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B10 C7 C8 Valorarase o traballo en grupo e individual realizado, en función do continente e o contido do mesmo. Ata un 50%.

O traballo tutelado divídese en dúas partes: grupal e individual. Cada unha delas será valoirada nun 25% da calificación final.
50
 
Observacións avaliación

-Todas as partes
teñen que ser superadas a lo menos nun 50% para poder facer o cómputo final
.  O alumnado que suspenda o exame figurará en
actas coa calificación obtida no mesmo.

-  A asistencia a clase é obrigatoria. Para poder presentarse ao sistema de porcentaxes, o alumnado ha de asistir, como mínimo, ao 80% das clases. Aquelas persoas que non alcancen esta porcentaxe ou se acollan ao sistema de dispensa, terán que realizar unha proba escrita valorada ao 100%, pero haberán de entregar igualmente os traballos individuais propostos e aprobalos, se ben non puntuarán na nota final. 

- Os traballos
individuais de recensión bibliográfica e presentación oral estarán
directamente relacionados co traballo en grupo. As instruccións detalladas
serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle
para a súa consulta. O traballo en grupo puntuará un 25% e o individual outro 25%.

Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primera como na segunda oportunidade.

O alumnado que libere unha parte da materia mediante unha proba parcial, sólo terá validez para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto, nin en primeira nin en segunda oportunidade, a súa calificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Está prohibido acceder ó aula na que se desenvolven as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/u almacenamento de información.