Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas interrelacións.
A asistencia a clase ten a consideración de obrigatoria, aínda que non se pasará lista.
Solución de problemas Os alumnos resolverán problemas relacionadas con cada un dos capítulos do temario.
O profesor explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica
Traballos tutelados Os traballos tutelados terán como obxectivo principal a aplicación dos coñecementos adquiridos a un estudo de caso dunha empresa particular dentro da industria da moda. Un segundo objetivo será o de profundizar nos temas do curso. Os temas dos traballos serán propostos pola profesora da asignatura. O alumnado presentará as diferentes etapas da elaboración do traballo e, especialmente, os resultados obtidos e mais as principais conclusións.
Saídas de campo Asistirase aos eventos suxeridos polo equipo docente que resulten de interés para o alumnado, en relación coa asignatura, como por exemplo conferencias, mesas redondas, exposicións, etc.
Proba mixta O exame final da materia que de carácter escrito. Optarase preferiblemente por probas tipo test de resposta múltiple aínda que poderá constar tamén de preguntas breves e/ou preguntas de ensaio.