Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico e presentada na aula ao final deste
Proba mixta Exame parcial e exame final, que combinarán preguntas de ensaio e preguntas obxectivas
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo
Prácticas a través de TIC Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel) e posibilidade de participación nun xogo de simulación virtual
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia
Saídas de campo Visita a unha empresa de moda durante o segundo cuadrimestre (se posible)
Solución de problemas Resolución de problemas na aula
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates ou a formulación de preguntas sobre o contido da materia.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Presentación oral Presentación oral de traballos
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia