Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de problemas de natureza teórica e práctica.
Prácticas a través de TIC Resolución de problemas prácticos mediante ordenador.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo e presentación final do mesmo. O contido e características deste traballo daranse a coñecer ao alumnado ao finalizar o primero cuadrimestre.
Proba mixta Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferente tipoloxía de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test).
Seminario Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible.
Estudo de casos Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica.
Foro virtual Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades.
Presentación oral Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito.
Lecturas Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula.
Sesión maxistral Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.